El próximo 20 de Febrero, 2019, asistiremos a la inauguración de la exposición Formas do Deseño. Galicia XXI. Una retrospectiva muy amplia y transversal sobre el diseño que se ha desarrollado en los últimos años en Galicia. Participaremos directamente en esta exposición aportando un prototipo de nuestra silla Muros. Dicho proyecto ha sido producido por el Auditorio de Galicia (Concello de Santiago de Compostela y la Fundación DIDAC, siendo los comisarios David Barro y Mónica Maneiro. Permanecerá abierta al público hasta el próximo 23 de Junio de 2019. A continuación adjuntamos la reseña de dicha muestra.

A mostra, que se titula Formas do deseño. Galicia XXI, pretende construír un relato dende o presente do potencial creativo de Galicia no ámbito do deseño. A idea é proxectar o que se está a facer sen deixar de ter un ollo no retrovisor, para revisar o logrado a partir dun punto de vista simbólico: a publicación do Manifesto do Laboratorio de Formas de Galicia editado en 1970, que entre as súas primeiras accións incluía o renacemento da fábrica de Sargadelos e a creación do Museo de Arte Carlos Maside.

A mostra, que non esquece o labor de deseñadores galegos que desenvolven traballos noutros contextos fóra de Galicia, conta con dúas partes: unha introdución nesas tres décadas de espertar e modernización, dende os primeiros anos setenta aos últimos noventa, cando xorden en Galicia unha serie de profesionais do deseño que comezan a traballar cunha conciencia de ser deseñadores e deseñadoras; e un corpo principal que coincide co cambio de milenio e que supón un cambio xeracional coa incorporación ao mercado laboral dunha xeración de deseñadores e deseñadoras galegos xa formados en Galicia.

Como complemento e punto de partida da exposición, que se desenvolve na súa grande medida nas salas do Auditorio de Galicia, na Fundación DIDAC  exhíbense os tapices e cartóns deseñados por Luís Seoane e Mª Elena Montero, corenta anos despois de que estes fosen presentados na galería Citania de Santiago de Compostela, e nunca mostrados en conxunto dende 1979. Precisamente, é un deses tapices, así como outros traballos de Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane e os seus logros no renacemento da fábrica de Sargadelos, os que abren a mostra nas salas do Auditorio de Galicia.

Formas do deseño. Galicia XXI non é unha mostra de novas creativas e creativos, senón de propostas de deseño que foron realizadas nas últimas décadas. Así, aínda que a mostra se centra en deseñadores e deseñadoras que cobraron visibilidade xa entrado o século XXI, para darlle continuidade ao investigado e mostrado en A Creación do necesario. Aproximacións ao deseño do século XX en Galicia (2004), exposición celebrada no MARCO de Vigo hai quince anos, Formas do deseño. Galicia XXI presta tamén atención aos deseñadores e deseñadoras que viñan traballando con rigor e continuaron a traballar no cambio de século, entre outros, Ventura Cores; Xosé Díaz; Pepe Barro, Lía Santana e Xosé Salgado do Grupo Revisión; Eloy Lozano; Francisco Mantecón; Miguel Vigo; Manuel Janeiro; Alberte Permuy; Xosé María Torné; Uqui; Nuria Carballo; Fausto Isorna; Esteban Carballido ou os estudios Taller DD e Signum Deseño, entre outros, así como os arquitectos e arquitectas Alberto Noguerol e Pilar Díez, Jesús Irisarri e Guadalupe Piñera ou o pioneiro Xosé Bar Boo, que terán no deseño un campo de acción fundamental. 

Inclúense tamén unha serie de traballos máis experimentais, que lindan co artístico. Na década de 2000 aparecen novos deseñadores e deseñadoras, cunha formación moi heteroxénea e que, na maior parte dos casos, teñen en Galicia o seu punto de partida. Por suposto, hai moitos que desenvolverán fóra a súa traxectoria ou gran parte dela, como é o caso paradigmático de Tomás Alonso, así como doutros como Iván Mato, Marta Bordes, Isaac Piñeiro, Sofía Blanco ou Miguel Leiro. Entre os que terán Galicia como eixe das súas creacións destacáronse equipos de deseño industrial e de produto como frutoDS ou Cenlitrosmetrocadrado, Lois Guillán con Cucuducho, arquitectos enfocados tamén ao deseño de mobiliario como Luis Gil Pita e Cristina Nieto e o seu labor con UnDo ReDo ou rvr-arquitectos, domohomo,  así como deseñadores máis ligados á tradición artesanal como Elías Cueto, Lago:Monroy, Oitenta ou Arturo Álvarez. É precisamente onde se mestura o deseño e o proceso artesanal -valores que xa estaban nas experiencias de Bauhaus ou de Ulm e de maneira máis próxima en Sargadelos-, onde se destacan propostas como as de Idoia Cuesta, Elena Ferro, Marta Armada, Ojea Studio, Verónica Moar, Noroeste Obradoiro, Degerónimo, Anna Champeney e Rosa Méndez.

Nas últimas décadas, o desenvolvemento da identidade corporativa e os sistemas de identificación visual facilitarán a entrada de tipografías con raíces galegas, como as de Marcos Dopico ou María Ramos. Nesa mesma liña herdeira da revolución da historia dos sistemas gráficos, Álvaro Valiño obterá unha importante visibilidade internacional cos seus pictogramas e infografías. Outros referentes de deseño gráfico e identidade corporativa son os de Xosé Teiga, Marta Lojo, María Pereiró ou estudios como Costa., Desoños, Guillotina Estudio ou Sond3, que destacan como no mundo editorial o farán Ombretta, etc., Don Gráfica, 3c3, Cecilia Labella, Artur Galocha, desescribir, Tatata, Dardo ou Numax.

Formas do deseño. Galicia XXI incidetaménen como a finais dos anos noventa a dixitalización mudou o xeito de traballar. É momento de novos perfís profesionais, como os da deseñadora multimedia ou de programas interactivos Marta Verde. Por outra banda, unha grande cantidade de artistas plásticos que derivaron o seu traballo cara ao mundo do deseño nos últimos anos. En Galicia é o caso de Juan Cidrás, Salvador Cidrás e Vicente Blanco, que canalizaron a súa enerxía creativa a partir de cerámicas, tapices ou mobles primeiro baixo o nome de Formabesta e moi recentemente como Juan Cidrás/Salvador Cidrás. Outros artistas que tocan o campo do deseño son Montse Rego dentro do campo da moda; Misha Bies Golas realizando portadas de discos; Pablo Barreiro e Mauro Trastoy investigando as posibilidades cerámicas; ou Manuel Vázquez e Alberto Barreiro no deseño estratéxico. Outro sector que se inclúe na mostra é o do téxtil con pioneiros como Adolfo Domínguez e a iniciativa Galicia Moda de man do publicista Luís Carballo, D-due, Knitbrary ou, noutra liña más híbrida, Sara Coleman.

Aínda que Formas do deseño. Galicia XXI se fundamenta no traballo dos deseñadores e deseñadoras -nalgúns dos casos mostrando deseños de autor con escasa saída comercial-, a ultima parte da mostra incide exclusivamente na integración do deseño no mundo da empresa, unha vez que o avance do deseño transcorre paralelo ao desenvolvemento da industria e da economía dun lugar. Neste sentido, ademais de traballos dalgúns dos deseñadores antes citados, neste apartado inclúense os de estudios de deseñadores e axencias como Bap & Conde, Quattro idcp, Koolbrand, 100 x 100 Creatividad+Comunicación, Imaxe, Otiiplanet, Ekinocio ou Tony Le Brand, entre outros.